Contribuyentes

miércoles, 23 de febrero de 2011

9. DISPOSITIVOS DA COMUNICACIÓN. REDES.

  • Redes locais.
 É un conxunto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores e dispositivos (impresoras, hub, router...) dunha rede están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta de rede. Ademais desta tarxeta, é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software adecuado, software de rede, que permita compartir os dispositivos conectados á rede. O protocolo máis utilizado nas redes locais era Ethernet, aínda que cada vez é máis frecuente utilizar o protocolo TCP/IP, adquirindo deste modo características análogas ás de internet. Ás redes que utilizan este protocolo denomínaselles intranet.
  • Topoloxía dunha rede. 
Unha rede local pode instalarse de varias maneiras distintas, e cada unha vén determinada por características como o tipo de cableado, a velocidade de transferencia e a seguridade que poderá ter.
 *Rede en anel: Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conetados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se el é o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha taxa de transferencia de información.
*Rede en estrela: Os ordenadores non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable (un problema de comunicación non bloquea toda a rede), segura e cunha velocidade de transmisión muy alta. Nestas redes utilízanse cables de tipo UTP.

*hub e switch: A un dispositivo hub chéganlle todos os cables da rede, un por cada ordenador e
por cada dispositivo (impresora, router...), e actúa de ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o hub reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote. O switch; ao igual que o hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.
  • Cableado de unha rede local.
 *Cableado coaxial: Trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar velocidade de transmisión media; a conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores BNC. Actualmente está en desuso.
*Cableado UTP: Este cable está constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Este tipo de cable, que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación, necesita conectores RJ-45.
*Cableado de fibra óptica: A fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro (cada un transmite nunha só dirección) protexidos por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda Que o seu custo económica é alto, permiten alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan os conectores ST de fibra óptica.
  • Redes inarámicas.
 Nas redes inarámicas, tamén denominadas WiFi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable (permanencia nunha localización concreta), xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguese gran liberdade de movementos.
A velocidade de transmisión é baixa e varía segundo os protocolos utilizados, que van evolucionando hasta velocidades máis altas; as distancias que alcanzan tamén van aumentando grazas a sistemas con novos protocolos como, por exemplo, WiMAX (Worldwide Interoperability for Microwave Acces). Este novo protocolo permite conexións entre dous puntos situados ata un máximo duns 50 Km, con velocidades de ata 70 Mbps (a velocidade das redes cablear está entre 100 e 1000Mbps).

  • Redes externas. Internet.
 Unha rede externa é un conxunto de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo países; a este tipo de rede pertencería a internet, aínda que dada a súa amplitude, se lle considera xa unha rede global.
En caso de querer conectar un equipo a unha rede externa, e posto que non existe un cableado como nunha rede local, necesítanse outras vías diferentes para a conexión. Entre elas, a máis frecuente segue sendo a utilización da rede telefónica, aínda que se están a realizar investigacións e avances noutras tecnoloxías como a conexión a través da rede eléctrica, a conexión vía satélite, a conexión inarámica...

  • Redes privadas virtuais.
 As redes privadas virtuais, VPN (Virtual Private Network), son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa (internet), pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada.
  • Conexión a través dunha liña telefónica.
 *Módems: Son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña telefónica convencional, RTC. A súa misión consiste en modular o sinal dixital do ordenador en analoxía e demodular o sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital.
Algúns modems eran externos, pero na actualidade son case todos internos, mesmo algúns ordenadores os teñen integrados na placa base. Ademais xeneralizáronse os modems fax, que aumentan a funcionalidade do ordenador ao poder enviar e recibir fax.

*Tarxetas RDSI: As súas vantaxes ás liñas RTC destacan na velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por eles é dixital. Dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas.
Posto que a información viaxa de forma dixital, non é posible utilizar un modem convencional, senón que é necesario utilizar unha tarxeta de comunicación RDSI.

*Módems ADSL: Permite o uso de fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade e, simultáneamente, para o uso normal dunha liña telefónica.
As liñas ADSL, permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío.
Hai novas versións melloradas como, ADSL2 e a ADSL2+, cun aumento substancial das velocidades de transferencia.
Para poder realizar a conexión a través dunha liña ADSL, é necesario dispoñer dun modem denominado modem ADSL.

*Router: Permite unir ordenadores coma se fose un hub ou un switch. É capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar.
Encárgase de que a información que pase por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón só aos seus destinatarios.
Por outra parte, un router tamén é capaz de comprobar se unha ruta funciona, e no caso contrario, encontrar outra alternativa; ademais, se hai varias rutas, o router elixirá a máis rápida.

  • Conexión a través de cable. 
 Outra forma de conectarse e a través dun cable coaxial; con este tipo de conexión conséguense altas taxas de transmisión. O inconveniente é que necesita un infraestrutura nova que non é todas as zonas xeográficas está dispoñible. A conexión realízase a través dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable. Para realizar a conexión a parte do cable necesítase un modem-cable.
Aínda que un modem-cable modula/demodular onda información como un modem convencional, tamén realiza funcións semellantes ás dunha tarxeta de rede, posto que o modem-cable se conecta directamente cun sistema de terminación de modem-cable.

  • Conexión vía satélite.
 Trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero a envía por un sistema terrestre. A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información.
Esta tecnoloxía está en desuso pola súa baixa velocidade fronte a outros sistemas cablear, e a súa utilización está a quedar reducida a lugares ou situación onde por razóns xeográficas, illamento por catástrofes, etc., non hai posibilidade de utilizar outro tipo de conexión.
  • Conexión por ondas radioelétricas.
 A este sistema de conexión coñéceselle coas siglas LMDS (Local Multipoint Distribution System), que fai alusión á existencia de multiples puntos cos que os usuarios establecen comunicación mediante ondas radioeléctricas de alta frecuencia. Unha vantaxe desta conexión é que, ademais de ter unha velocidade de transferencia lata, posibilita a mobilidade física do usuario, sen obrigalo a permanecer nun punto xeográfico concreto para realizar a conexión. Permite ofrecer conexión a internet en lugares aos que non pode chegar o cable.
  • Conexión móbil.
 *GSM: É un estándar internacional de comunicacións dixitais móbiles, que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. Nel, a voz convértese en sinal dixital codificado e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala; os enlaces establecidos para a comunicación mantéñense durante o tempo que dure esta, e non poden ser utilizados simultáneamente para establecer outra comuniación. A velocidade máxima de transmisión de datos que pode alcanzarse con GSM é de 9800 bps.
*GPRS: Está baseado na conmutación de paquetes e non de circuítos. Non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas. A conexión realízase no momento en que o cliente a solicita. A velocidade de transmisión que se pode alcanzar é de 115 kbps, polo que é posible transmitir voz e datos simultáneamente.
*UMTS: Traballa cunha frecuencia moi alta (2GHz), que posibilita unha taxa de información de 2 Mbps. É posible transmitir voz e datos á vez, e mesmo sinal de TV e videoconferencia. A transmisión de comunicación realízase a través de conmutación de paquetes. Unha característica é que permite estar conectado á rede de forma permanente.




    No hay comentarios:

    Publicar un comentario