Contribuyentes

martes, 8 de febrero de 2011

7. DISPOSITIVOS DE ENTRADA E SAÍDA.

  • Dispositivos de entrada.
  1. Ratón: Permite transmitir información ao ordenador de dous modos: desprazándoo por unha superficie para provocar o movemento do seu indicador na pantalla, e pulsando os seus botóns para realizar certas accións en función de onde estea colocado o indicador.
  2. Teclado: É o modo máis frecuente de introducir información ao ordenador. Hai variedade de teclados, con posibilidade de conetalos a distintos portos e incluso con transmisión de datos por infravermellos.
  3. Lectores de códigos de barras: Os códigos de barras son un conxunto de liñas verticais de cor negra que teñen distintos grosores. Empréganse en supermercados, almecéns, tendas, etc., para identificar os productos. Un lector de código de barras é un dispositivo capaz de ler e interpretar dita secuencia de barras, permitindo ao ordenador identificar os productos, e obtendo, información acerca del; por exemplo: o seu nome e o seu prezo.
  4. Escáner: Dispositivo que permite introducir información dende documentos en papel: imaxes, debuxos..., incluso caracteres. A calidade dun escáner mídese en ppp ou dpi, unidade que indica o número de puntos que toma de cada pulgada (2.54 centímetros).
  5. Joystick: O principal campo de aplicación son os xogos; introduce ao ordenador os movementos efectuados sobre a súa palanca e algunhas ordes mediante a pulsación dalgín botón.
  6. Tabletas dixitalizadoras: Utilízanse para realizar debuxos e gráficos con gran precisión; son frecuentes en aplicacións de debuxo.
  7. Lectores de bandas magnéticas: A utilización está cada día máis extendida (tarxetas de crédito, tarxetas de identificación persoal...). Os lectores de banda magnética son idspositivos capaces de ler a información grabada en dita banda.
  8. Pantallas táctiles: Ademáis de mostrar a inofrmación ofrecen a posibilidade de introducir información con só situar un dedo na súa superficie.
  9. Tablet PC: Constitúen a última evolución dos portátiles ou das PDA, con tamaños intermedios entre ambos; soen ter unha pantalla de 10 '' que serve para introducir datos.
  10. Cámaras dixitais: Mediante as cámaras dixitais pódense descargar as imáxes ao ordenador para ser manipuladas e as cámaras dixitais de vídeo, ademáis de ofrecer a posibilidade de transferir as súas gravacións dixitais ao ordenador para que sexan editadas, poden ser empregadas para transmitir imaxes en tempo real.
  11. Micrófono: Pode ser un dispositivo de entrada sempre e cando se dispña dunha tarxeta de sonido no ordenador. Permite ditar o contido dun documento ou dar ordes ao ordenador.
  • Dispositivos de saída.
  1. Monitores:
 *Monitores convencionais (CRT): O seu funcionamento básase na utilización dun tubo de raios catódicos que envía, unha corrente de eletróns que ao chocar cunha superficie de material fosforescente situada na parte interior da pantalla, a iluminación, formándose as imaxes. As imaxes están constituidas por un número determinado de puntos, reciben o nome de píxeles. 
*Pantallas planas de cristal líquido:(LCD): Evolucionaron das pantallas de calculadoras e portátiles, e empregan millóns de celdas de cristal líquida se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compoñen a imaxe no monitor. 
*Pantallas planas TFT:  Constituídas por unha matriz de millóns de puntos; cada punto é un transistor que actúa de forma independente, coa súa cor, brillo, ton, etc., e o conxunto de todos eles forman unha imaxe de alta calidade.
*Monitores de plasma:  Son planos, basados no emprego dun gas (plasma) que en cada un dos puntos (píxeles) da pantalla, adquire cor, o brillo, etc., necesarios para conformar a imaxe.
     
     2. Impresoras

A calidade dunha impresora mídese en ppp (puntos por polgada), medida que indica o número de puntos que pode debuxar nunha polgada.
A velocidade pódese medir en cps (carácteres por segundo), ou, o máis frecuente en ppm (paxinas por minuto).
Pódense clasificar en:
*Impresoras de margarida ou matriciais, baseaban a impresión no golpeo sobre unha fita impregnada de tinta que ao tomar contacto co papel, marcaba nel a información.
*Impresoras térmicas, basea o seu funcionamento na tinguidura do papel mediante un proceso térmico; adoitan ser impresoras de cor, de custo económico non moi alto. Empréganse para imprimir billetes.
*Impresora láser, utilizan unha tecnoloxía similar á das fotocopiadoras. Son bastante rápidas e permiten obter resultados de alta calidade.
*Impresoras de chorro de tinta, son utilizadas entre os usuarios de ordenadores persoais. Son impresoras de cor que obteñen a impresión pola inxección de tinta líquida a través de cabezais.


      3. Plotter

É un dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño asistido por ordenador, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos, mapas, deseños industriais... cunha excelente calidade.
Está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo se encontra unha plumiña; a gran diferenza respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos, conseguindo así figuras de gran calidade. Tamén pode utilizar papel de grandes dimensións.


      4. Microfilme COM (computer Output in Microfilm)

Utilízase habitualmente en bancos e bibliotecas, xa que permite almacenar información nun espazo moi reducido.
As páxinas son fotografadas mediante unha cámara especial e transfórmanse en imaxes de 1.5 cm^2, que posteriormente son agrupadas en fichas. para poder ler a información dunha ficha necesítase un lector de microfichas, que proxecta unha imaxe ampliada dela nunha pantalla.
   

  • Frecuencia dun monitor.
Indica el número de veces que muestra las imágenes en una segundo; un valor bajo de frecuencia supondrá que la imagen vibre y que la vista tenga que esforzarse más de lo habitual. 
  • Resolución dun monitor.
Depende do número de puntos (pixeis), que se obtén do número de liñas (filas) polo número de pixeis de cada unha delas (columnas), ademais, o número de cores tamén inclúe na calidade da imaxe. os dous parámetros anteriores obrigan a que tanto a tarxeta de vídeo coma o monitor sexan compatibles porque, pola contra, a imaxe non se vería ou sairía deforme.
A resolución dun monitor indícase utilizando a seguinte nomenclatura: 1024 * 768, que ten de interpretarsecomo 1024 columnas e 768 filas; nese caso, a imaxe terá 786432 pixeis.
Para que unha imaxe se mostre cun número determinado de cores, necesítase unha cantidade de bits que dean a información de cada pixel. Para saber cantos pixeis se necesitan para cada número de cor hai unha fórmula, que é: o número de cores é igual a dous elevado ao número de bits necesarios por pixeis.

A velocidade de creación de imaxes só depende do microprocesador gráfico propio da tarxeta de vídeo, e non da cantidade de memoria RAM gráfica; esta última afecta á resolución e ao número de cores que poden activarse.
  •  1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).


      No hay comentarios:

      Publicar un comentario