Contribuyentes

viernes, 5 de noviembre de 2010

MUSEO DO PRADO

O Museo Nacional do Prado, situado en Madrid, España, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, singularmente rica en cadros de mestres europeos dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo radica na ampla presenza de Velázquez, Goya (o artista máis extensamente representado na colección), Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores tan importantes como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, Van Dyck ou El Bosco, por citar só os máis relevantes. As habituais limitacións de espazo explican que o museo exhiba unha selección de obras de máxima calidade (unhas 900 pinturas), do total de máis de 7.800 que ten no seu inventario, e que por iso sexa definido como «a maior concentración de obras mestras por metro cadrado». Grazas á recente ampliación de Rafael Moneo, prevese que a selección exposta creza nun 50%, cunhas 450 obras más.

Para ver o museo en 3D facer clic aqui. 
Para máis información: Páxina Web

Ver mapa más grande

No hay comentarios:

Publicar un comentario