Contribuyentes

jueves, 4 de noviembre de 2010

BATEAS

As bateas ordénanse en grupos chamados polígonos, cuxa disposición e número están controlados polas autoridades autonómicas. Recentemente limitouse a 500 o número de cordas por balsa para evitar a saturación das zonas de cultivo e favorecer un mellor crecemento.
As bateas consisten nunha armazón rectangular de madeira de 100 a 500 metros cadrados soportada por flotadores de aceiro recubertos con fibra de vidro, poliéster ou recheos con poliéster expandido. A súa medida está entre os 18 metros de ancho e 25 metros de longo.
A balsa suxéitase ao fondo mediante unha ou dúas cadeas de aceiro e un peso de vinte toneladas. Da armazón de madeira cólganse cordas de nailon de tres centímetros de grosor e de dez a doce metros de longo, onde se engorda o mexillón.

*ENLACE A GOOGLE EARTH*

No hay comentarios:

Publicar un comentario