Colaboradores

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Pregunta 11_Software libre

*Diferencias co software propietario:
  • Inclúe o código de programación para executar, copiar, distribuír, estudar, cambiar e mellorar este.
  • Non é de pagamento, sempre é gratuíto. 
  • As empresas que desenvolven software libre gañan diñeiro co asesoramento e mantemento de redes feitas con software libre.
  • O proceso de produción é diferente.
  • Ás veces é capaz de crear produtos mellores.
*Similitudes co software propietario:
  •  No seu lanzamento non son completamente perfectos, xa que teñen moitos erros.
  • Poden ser usados comercialmente sempre e cando no propietario o licenciado se teña os permisos correspondentes.  
  • Desenvólvese ou constrúese; non se manufactura no sentido clásico. 
  • Non se desgasta.
  • Constrúese á medida. Deseñase e implementase de forma que pode utilizarse en moitos programas diferentes


    Pregunta 16_Tecnoloxía Grid

    • O desenrolo dunha distribución GNU/Linux constitúe un exemplo de informática distribuida, xa que miles desenvolvedores repartidos por todo o mundo contribúen, con pezas de código informático, ao desenvolvemento modular ou en paquetes da distribución final.
    • As tecnoloxías grid trouxeron outro concepto novo: organización virtual. As organizacións virtuais agrupan a entidades que poden estar interesadas nun mismo proxecto ou actividade comercial; estas entidades desenvolven plataformas capaces de compartir, de forma segura, todo tipo de recursos: datos, procesamento, almacenamento, etc.

    ENLACE

    martes, 2 de noviembre de 2010

    Pregunta 15_Tecnoloxía Grid

    • Sirve para designar unha proposta de traballo baseada na utilización de ordenadores que estiveran conetados entre si a través dunha rede de área local, dunha intranet, ou incluso da propia internet. Preténdese aproveitar o procesamento de todos os ordenadores conetados para crear un superordenador virtual, de modo que poidan realizarse en grandes cantidades de procesamento fracionando a información en multitude de porcións, desenvolvidas polos distintos ordenadores conetados de forma paralela.
    • Supón un aforro de enerxía e de recursos acorde coa idea xeral dun desenrolo tecnolóxico sostible; trátase de aproveitar o alto porcentaxe de procesamento que queda libre na maioría dos microprocesadores de ordenadores persoais, que doutro modo estaría completamente desaproveitado.

    ENLACE

    Samaín

    Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos estase a volver recuperar grazas ao traballo realizado nas escolas e en varios concellos de Galicia.

    A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. 

    Os creentes, para espantalos, colocaban cabazas no exterior das súas casas...

    A celebración do Samain en Galicia nunca se habí­a perdido de todo, co cal debemos considerala como unha celebración pagá e ancestral, ao contrario que Halloween, que serí­a unha celebración importada e modificada en Norteamérica para converterse nunha celebración urbana.


    viernes, 29 de octubre de 2010

    Pregunta 12_SOFTWARE LIBRE

    * Vantaxes:
    • Económico.
    • Liberdade de uso e redistribución.
    • Independencia tecnolóxica.
    • Fomento da libre competencia ao basarse en servizos e non licenzas.
    • Soporte e compatibilidade a largo plazo.
    • Formato estándar.
    • Sistemas sen portas traseiras e máis seguros.
    • Corrección máis rápida e eficiente de fallos.
    • Métodos simples e unificadosda xestión de software.
    • Sistema en expansión.
    *Inconvintes:
    •  Descoñecemento do uso en ámbito de rede local. O sistema GNL/Linux é complexo tanto pola enorme cantidade de ferramentas que incorpora coma polo ámbito UNIX no que funciona.
    • Idioma. Aínda temos case toda a documentación en Inglés, aínda que isto está a empezar a cambiar e xa contamos con proxectos como o Proxecto LUCAS para coordinar os traballos de tradución.
    • A produtividade será menor durante o período de cambio e aprendizaxe da nova tecnoloxía, aínda que será un inconveniente pasaxeiro.


      miércoles, 27 de octubre de 2010

      Pregunta 13_Intelixencia artificial



      • A intelixencia artificial é a parte da ciencia que se ocupa do diseño de sistemas de computación intelixentes, é dicir, sistemas que exhiben as características que asociamos intelixencia no comportamento humano que se refire a compresión de linguaxe, aprendizaxe, o razoamento, resolución de problemas, etc.
      • Os sistemas expertos son máquinas que pensan e razoan coma un experto o faría nunha certa especialidade o campo. Por exemplo, un sistema experto en diagnóstico médico requeriría como datos os síntomas do paciente, os resultados dunha análise e outros feitos relevantes, e empregando iso, buscaría nunha base de datos a información necesaria para poder identificar a correspondente enfermidade. Un sistema experto de verdade, non só realiza as funcións adicionais de manexar grandes cantidades de datos, senon que tamén manipula esos datos de forma tal que o resultado sexa intelixible e teña significado para responder a preguntas incluso non completamente específicos.
      • 1)A detección, segmentación, localización e recoñecemento de certos obxectos en imaxes (por exemplo, caras humanas). 2)Rexistro de diferents imaxes dunha misma escena ou obxecto, facer concordar un mismo obxecto en diversas imaxes. 3)Seguimento dun obxecto nunha secuencia de imaxes. 3)Mapeo dunha escena para xenerar un modelo tridimensional da escena; tal modelo podría ser usado por un robot para navegar pola escena. 4)Estimación das posturas tridimensionais de humano. 5)Búsqueda de imaxes dixitais polo seu contido.


      viernes, 22 de octubre de 2010

      Premios Principe de Asturias

      OS PREMIOS PRINCIPE DE ASTURIAS

      A
      fundación Príncipe de Asturias constituiuse na cidade de Oviedo o 24 de setembro de 1980 nun solemne acto que estivo presidido pola Sua Alteza Real o Príncipe de Asturias, Heredeiro da Coroa de España, a quen acompañaban os seus pais, Suas Maxestades os Reis de España.
      Son obxectivos primordiais da Fundación consolidar os vínculos existentes entre o Principado e o Príncipe de Asturias e contribuír á exaltación e promoción de cantos valores científicos, culturais e humanísticos son patrimonio universal, para o que se crearon en 1981 os Premios Príncipe de Asturias, que se concede en oito categorías (Artes, Ciencias Sociais, Comunicación e Humanidades, Cooperación Internacional, Investigación Científica e Técnica, Letras, Deportes e Concordia) e S.A.R. o Príncipe de Asturias, D. Felipe de Borbón, entrega cada outono no Teatro Campoamor de Oviedo.
      A cerimonia de entrega dos Premios está considerada como un dos actos culturais máis importantes da axenda internacional.
      • Na categoría de Artes o candidato é Richard Serra.

      • Na categoría de Ciencias Sociais é o Equipo arqueolóxico dos guerreiros de xián.
      • Na categoría de comunicacións e Humanidades son Alain Touraine e Zygmunt Bauman.
      • Na categoría de cooperación Internacional son The Transplantion Society e a Organización Nacional de Transplantes.
      • Na categoría de Investigación científica e técnica son David Julios, Baruch Minke e Linda Watkins.
      • Na categoría de letras é Amin Maalouf.

        Na categoría de deportes a la seleción española de fútbol.

      • Na categoría de concordia a Manos Unidas.



      *Para máis información facer clic aqui