OS PREMIOS PRINCIPE DE ASTURIAS
A fundación Príncipe de Asturias constituiuse na cidade de Oviedo o 24 de setembro de 1980 nun solemne acto que estivo presidido pola Sua Alteza Real o Príncipe de Asturias, Heredeiro da Coroa de España, a quen acompañaban os seus pais, Suas Maxestades os Reis de España.
Son obxectivos primordiais da Fundación consolidar os vínculos existentes entre o Principado e o Príncipe de Asturias e contribuír á exaltación e promoción de cantos valores científicos, culturais e humanísticos son patrimonio universal, para o que se crearon en 1981 os Premios Príncipe de Asturias, que se concede en oito categorías (Artes, Ciencias Sociais, Comunicación e Humanidades, Cooperación Internacional, Investigación Científica e Técnica, Letras, Deportes e Concordia) e S.A.R. o Príncipe de Asturias, D. Felipe de Borbón, entrega cada outono no Teatro Campoamor de Oviedo.
A cerimonia de entrega dos Premios está considerada como un dos actos culturais máis importantes da axenda internacional.
- Na categoría de Artes o candidato é Richard Serra.

- Na categoría de Ciencias Sociais é o Equipo arqueolóxico dos guerreiros de xián.
- Na categoría de comunicacións e Humanidades son Alain Touraine e Zygmunt Bauman.
- Na categoría de cooperación Internacional son The Transplantion Society e a Organización Nacional de Transplantes.
- Na categoría de Investigación científica e técnica son David Julios, Baruch Minke e Linda Watkins.
- Na categoría de letras é Amin Maalouf.


- Na categoría de concordia a Manos Unidas.

*Para máis información facer clic aqui
No hay comentarios:
Publicar un comentario